A última Copa, para o Vilalbés
Copa Deputación
Esta fin de semana xogouse o último partido da tempada nas categorías de base, no que o Vilalbés fíxose coa Copa Deputación na categoría infantil ante o Milagrosa, nunha final que se celebrou unha semana despois do resto e baixo unha calor de xustiza.
Os chairegos venceron 0-2 o Milagrosa, nun duelo de iguais, xa que os dous participaron na Primeira Infantil, aínda que con sorte desigual, xa que os albivermellos lograron o ascenso a Preferente e o Vilalbés non.
O Arturo Pereiro, en Castro Ribeiras de Lea, serviu de marco para esta final, moi igualada e que xa se puxo de cara na primeira parte para o verdivermello co primeiro gol, obra de Lucas. O marcador non se quixo mover ata o último minuto, cando Aarón converteu un penalti xusto antes do final.
Ademais da celebración puramente copeira, houbo cambio xeracional na arbitraxe. Noa Cupeiro pitou nesta ocasión o seu primeiro partido con asistentes, sendo un deles o seu pai, Marcos Antonio Cupeiro, que aproveitou a sesión para despedirse, xa que colga o asubío.
MILAGROSA 0 - 2 VILALBÉS
Rácing C. Vilalbés: Álex, Vicente, Jairo, Héctor, Anas, Saúl, Adrián, Alan, Martín, Aarón e Ismail. Tamén xogaron Pablo, Oriol, Lucas, Bruno e Unai.
Goles: Lucas e Aarón (de penalti) polos visitantes.
Árbitro: Noa Cupeiro Castro.
Cuartos
| Castro | 1 | 5 | Milagrosa |
| Viveiro B | 3 | 3 | Foz |
| Residencia B | 0 | 2 | Vilalbés |
| Ceosport | 0 | 3 | Lugo B |
Semifinal
| Viveiro B | 0 | 2 | Milagrosa |
| Vilalbés | 1 | 1 | Lugo B |
Final
| Vilalbés | 0 | 2 | Milagrosa |