O consolo do Riotorto
O Riotorto culminou unha tempada longa levantando este domingo a Copa Deputación nas categorías de Segunda e Terceira logo de vencer ao San Roque por 2-0 no Pichón. Este resultado serve un pouco de consolo logo da derrota que sufriron o domingo pasado na súa fase de ascenso.
Esta fin de semana o Riotorto, cun banco moi axustado, firmou un 2-0 ante outro equipo que tamén pelexou polo ascenso pero que caeu na primeira eliminatoria a dobre partido ante o Sada, o San Roque.
Duelo igualado no seu conxunto pero cos primeiros minutos cos riotortenses máis atinados, que lograron o primeiro gol no minuto 25 a balón parado.
Na segunda parte, os xa campións tiveron o duelo controlado aínda que o San Roque tivo unha moi clara para achegarse aproveitando un fallo.
O segundo gol, que daba seguridade ao equipo que levaba a vantaxe chegou nun despexe, que cambiou de lado e que entrou escorado. A partir de aí, pouco máis, agás algunha contra con perigo pero que non cambiou o marcador. A tensión viviuse nos últimos minutos, nos que o árbitro sacou dúas vermellas ao San Roque en dúas entradas agresivas pero xa estaba todo dito.
O Riotorto remata así unha tempada espectacular na que estivo con opcións de gañar a Liga ata a última xornada e que perdeu o play off de ascenso tamén por pouco, na prórroga.
RIOTORTO 2 - 0 SAN ROQUE
SDC San Roque: Ismael, Raúl, Nicolás, Alejandro, Iván, Luis, Anxo, Juan Manuel, Yelko, Diego e José. Tamén xogaron David, Pablo, Juan José, Bruno e Emilio.
Goles: Martín e Manuel polos locais.
Árbitro: Virginio Polo Díaz.
Semifinais
| Folgueiro | 3 | 5 | Riotorto |
| San Roque | 5 | 1 | Brollón |
Final
| Riotorto | 2 | 0 | San Roque |