O Viveiro impón a súa pegada
Hugo Rey foi o grande protagonista do encontro marcando os tres tantos celestes
Copa Deputación
O campo de Viñas da Veiga acolleu unha final da Copa Deputación vibrante entre Viveiro e Rácing Vilalbés, dous equipos que destacaron esta tempada. Os celestes conseguiron o ascenso á Primeira e o cadro chairego xa é de Preferente. O duelo non defraudou, tivo ritmo, intensidade e alternativas constantes.
A primeira metade foi moi igualada, con ocasións para ambos conxuntos. O Viveiro adiantouse cedo, tras aproveitar un roubo nunha saída dos chairegos que culminou Hugo Rey. O Vilalbés respondeu con máis balón, pero atopouse cun rival ben posicionado e o marcador chegou co 1-0 ao descanso.
Na segunda parte, o partido gañou en intensidade. O Vilalbés conseguiu empatar cun tanto de Iago Rouco, quen tivo outra nunha falta. O Rácing parecía vivir o seu mellor momento, mesmo xogando con dez trala expulsión de Cristian no minuto 47. Porén, o Viveiro reaccionou con firmeza: primeiro cunha volea espectacular de Hugo tras un córner e logo, no tramo final, sentenciando o choque cunha nova transición que culminou o propio Rey para asinar o seu terceiro tanto e asegurar así o título de campións.
VIVEIRO 3 - 1 VILALBÉS
Rácing Club Vilalbés: Iker, Anxo, Cristian, Mateo, Iago L, Daniel, Iago R, Hugo, Augusto C, Miguel e Nicolás A. Tamén xogaron Iago P, Juan M, Nicolás F e Héctor.
Goles: Hugo R (3) para o Viveiro. Iago R para o Vilalbés.
Árbitro: José Luís Cabanas Parrado.
Final
| Viveiro | 3 | 1 | Vilalbés |