Andrés Montes, músico: "Son un roqueiro de merda, nin bebo, nin fumo, nin tomo drogas"

O cantante da emblemática banda Gin Toni's confesa que non fai deporte pero ten unha analítica perfecta, algo por xenética e algo porque coida un chisco o que come e non recorre ao que el chama 'aditivos'
Andrés Montes, con la guitarra Palala que le regaló su padre. CEDIDA
Andrés Montes, con la guitarra Palala que le regaló su padre. CEDIDA

Di Andrés Montes, veciño do Saviñao, músico e cantante da banda de rock Gin Toni's que non se coida "nadiña" pero non é verdade de todo, xa que aínda que non fai deporte, mira o que come e non abusa o que un podería imaxinarse de alguén do mundo de rock.

O deporte

Andrés Montes e o deporte non casan. Pero este home aguanta o ritmo de 20 concertos nun mes de agosto. "É un pouco por xenética e tamén polo efecto da adrenalina. O día que deixe de sentir ese verme antes de subir ao escenario terei que deixar os concertos, porque é o que me mantén", suliña.

Mira o que come

Andrés Montes é cociñeiro, dende que faltou a súa avoa estivo á fronte dos fogóns e o primeiro que comprou a medias co seu socio en Gin Toni's foi una paelleira. A gastronomía vai no seu ADN. É carnívoro pero tamén lle pega ben ao peixe e ás verduras. Pode cociñar para dous ou para medio cento. Na súa dieta non entran fritos, nin ultraprocesados. Cociña de vagar, coma se fixo sempre, unha parrillada, unha pasta ou uns xudións da Granxa de San Ildefonso. Iso tamén e coidarse.

Sin aditivos

Asegura o músico que tanto él coma os seus compañeiros de Gin Toni's son "uns roqueiros de merda. Nin fumamos, nin bebemos nin nos drogamos", matiza.  "Cando traballamos facémolo 'sen aditivos' e cando baixo do escenario como moito podo tomar un viño", relata.

 A guitarra para desconectar

A maiores dos Gin Toni's, Andrés Montes ten unha tenda de música (Matiz, en Ourense) e cando quere desconectar do día a día, a guitarra é, de xeito paradóxico, a súa válvula de escape. Unha das últimas guitarras que ten é Palala, un agasallo do seu pai, Belisario Montes, quen lle meteu o verme da música dentro. A familia é tamén importante para este músico do Saviñao. Nos seus, Andrés atopa calma e apoio absoluto.

Comentarios