Estudiantes, María Auxiliadora e Cidade de Lugo organizan unha xornada Babybasket

Ao rededor de 150 nenos e nenas participaron o domingo nunha mañá de diversión e aprendizaxe no Pazo

A xornada de Babybasket celebrada o domingo reuniu a preto de 150 nenos e nenas nunha mañá chea de diversión e aprendizaxe no mundo do baloncesto. O evento, organizado polo Estudiantes, o María Auxiliadora e o Cidade de Lugo, tivo lugar nos anexos do Pazo dos Deportes e contou coa participación de equipos de toda a provincia, fomentando o espírito deportivo e a convivencia entre os máis pequenos.

Os partidos disputáronse en formato 4x4 sen marcador, respectando o carácter lúdico e educativo da xornada. Durante os encontros, os adestradores exerceron como árbitros, guiando aos nenos e nenas e promovendo o xogo limpo. Os equipos participantes, entre os que destacaron varios grupos do Ensino, Estudiantes, Franciscanos, Cidade de Lugo, Rosalía, Maristas e María Auxiliadora, gozaron dunha competición na que todos e todas tiveron a oportunidade de xogar en igualdade.

A xornada transcorreu entre risas e emoción, cunha grande afluencia de familias que, desde as bancadas, animaron aos pequenos deportistas. Para poñer o broche de ouro ao evento, todos os equipos reuníronse ao final da mañá para unha gran foto de familia, capturando un recordo especial desta celebración do baloncesto base.