Remata a Segunda Fase con boa posición do Emevé e do Ribeira Sacra

O equipo da capital finaliza como campión desta quenda na categoría cadete e segundo na infantil, mentres que o monfortino foi primeiro no grupo B alevín

Xuvenil

Primeira División

Rematou a Segunda Fase para o Ribeira Sacra, que caeu ante o Teis por 0-3 e queda último de grupo.

RIBEIRA SACRA 0 - 3 TEIS

Parciais: 12-25/19-25/19-25.
Cancha: A Pinguela.

Segunda Fase Grupo B 

Resultados 

Vigo 0 3 CVP
Ribeira Sacra 0 3 Teis
Teis 3 1 Vigo
 
 
 

 

Cadete

Primeira División

Dobrete de partidos e dobrete de vitorias para o Emevé, que tiña pendente o duelo co Rianxo. Deste modo, o equipo da capital remata como primeiro de grupo, seguido dun Ribeira Sacra, que tamén gañou o último duelo, co Rianxo.

DOMPAVOLEI 1 - 3 EMEVÉ

Parciais: 28-26/13-25/18-25/21-25.
Cancha: Seminario.

RIBEIRA SACRA 3 - 0 RIANXO

Parciais: 25-11/25-9/26-24.
Cancha: A Pinguela.

EMEVÉ 3 - 0 RIANXO

Parciais: 25-22/25-23/25-21.
Cancha: Casa do Deporte.

Segunda Fase Grupo A

Resultados

Ribeira Sacra 3 0 Rianxo
Dompavolei 1 3 Emevé
Emevé 3 0 Rianxo

 

 

 

Infantil

Primeira División

O Emevé fixo tamén dobrete de partidos esta fin de semana e se levou a vitoria nos dous, polo que logrou uparse á segunda praza da clasificación.

RIANXO 0 - 3 EMEVÉ

Parciais: 19-25/24-26/20-25.
Cancha: Municipal de Rianxo.

EMEVÉ 3 - 0 CVP 

Parciais: 25-17/25-23/25-21.
Cancha: Casa do Deporte.

Segunda Fase Grupo A

Resultados 

Emevé 3 0 CVP
Rianxo 0 3 Emevé
Cambados 0 3 CVP
 
 
 
 

Alevín

Primeira División

Derrota dobre do Emevé nesta última sesión, na que queda un partido por celebrarse aínda, pero que non afectará ao resultado do lugués, que queda terceiro do grupo.

O Ribeira Sacra, pola súa conta, tiña dous partidos pendentes, polo que xogou tres esta fin de semana con vitoria nos tres casos, polo que se puxo primeiro e remata como vencedor desta segunda fase. O Korbis só xogou co líder e perdeu para seguir sendo último.

Segunda Fase Grupo A

Resultados 

Rianxo 3 0 Emevé
Cambados A Oleiros
Emevé 1 3 Oleiros
Oleiros 3 1 Rianxo
 
 
 
Segunda Fase Grupo B

Resultados

Ribeira Sacra 3 0 Korbis
Coruña 0 3 CVP
Ribeira Sacra 3 0 Coruña
Coruña 0 3 Ribeira Sacra