O Estudiantes quedou ás portas do ascenso despois de perder contra o Río Ulla
Feminina
Fase de Ascenso - Grupo B
O Estudiantes Lugo despediu as súas opcións de ascenso na última xornada da fase, tras caer con claridade ante o Río Ulla (74-46) nun encontro no que as rivais marcaron o ritmo desde o inicio. A presión a toda pista das lucenses non deu resultado e as locais atoparon con facilidade situacións de tiro cómodo, mentres que as visitantes sufriron perdas e escaso acerto ofensivo.
No terceiro cuarto, o Estudiantes chegou a achegarse a once puntos, pero dous erros consecutivos e varios lanzamentos exteriores do Río Ulla volveron ampliar a fenda. A pesar da loita ata o final, as lucenses non tiveron o seu día nin en defensa nin de cara ao aro, quedando sen lograr o ansiado ascenso.
RÍO ULLA 74 - 46 ESTUDIANTES
Estudiantes Lugo: Noa, María del Canto, Sara, Alicia, Arianny, Marina, Daniela, Adriana, Rosa e Cayetana.
Parciais: 26-14/14-8/12-12/22-12.
Cancha: Pío XII.
Resultados xornada 3
| Río Ulla | 74 | 46 | Estudiantes |
| Deleite | 25 | 48 | PBB A |
Copa Premium - Grupo I
En canto á Copa Premium, no grupo I o Ensino e o Franciscanos disputaron o seu partido pendente da xornada 3 e o Franciscanos quedou co liderado. As xogadoras visitantes encarrilaron o encontro cun gran segundo e terceiro cuarto, nos que deixaron o marcador case sentenciado. O Ensino reaccionou nos últimos dez minutos, pero a diferenza era xa insalvable.
ENSINO 49 - 75 FRANCISCANOS
Club Franciscanos de Lugo: Alejandra, Olalla, Ainara, Oriana, Gabriela, Carmen, Noa, Malena e Susana.
Parciais: 13-21/4-17/5-22/27-15.
Cancha: Anexo do Pazo.
Resultados xornada 3
| Ensino | 49 | 75 | Franciscanos |
| Cidade de Lugo | 58 | 49 | Sarria |
Copa Premium - Grupo II
No grupo II o liderado xa era do Estudiantes Azul, que se impuxo nos dous partidos das primeiras xornadas. O Viveiro quedou segundo tras vencer ao Melmar Sanxillao na tarde do domingo nun partido con pouca anotación. Dende o inicio as locais mandaron e foron controlando a diferenza no marcador ata o 35-20 definitivo.
VIVEIRO 35 - 20 MELMAR SANXILLAO
Melmar CB IES Sanxillao: Valeria, Safaa, Irene, Yune e Arianny.
Parciais: 13-5/8-6/10-6/4-3.
Cancha: Viveiro.
Resultados xornada 3
| Viveiro | 35 | 20 | Melmar Sanxillao |
| D | Estudiantes Azul | ||
Masculina
Fase de Ascenso - Grupo A
Na fase de ascenso masculina o Burela caeu contra o Narón Naranja na última quenda da fase de ascenso. Os mariñaos, xa sen opcións de promoción, acusaron a falta de motivación e víronse superados dende o inicio por un rival máis intenso e efectivo. A pesar de pequenos intentos de reacción, o Narón impuxo o seu ritmo e pechou o curso cunha vitoria contundente.
NARÓN NARANJA 97 - 48 BURELA
CB Burela: Fabio, Roi, Manuel, Egoitz, Antón, Manuel, Ivo, Iago, Joaquín e Daniel.
Parciais: 27-16/18-4/25-13/27-15.
Cancha: Anexo do Pazo.
Resultados xornada 3
| Narón | 97 | 48 | Burela |
| Bball Ourense | 99 | 75 | CAB |
Copa Premium - Grupo I
Na Copa Premium o grupo I xa disputara a fin de semana pasada a terceira xornada e última de grupos. O Estudiantes Azul rematou primeiro, seguido do Sarria, Cidade de Lugo e, por último, o Viveiro.
Resultados xornada 3
| Viveiro | 50 | 80 | Estudiantes Azul |
| Cidade de Lugo | 62 | 68 | Sarria |
Copa Premium - Grupo II
No grupo II o Melmar Sanxillao descansou a última xornada, pero tiña asegurado o campionato. O Bolboreta quedou segundo despois de gañar o xoves ao Ensino Lugo nun partido competido que acabou caendo do lado dos visitantes por 41-58.
ENSINO LUGO 41 - 58 BOLBORETA SANXILLAO
Bolboreta Smart CB IES Sanxillao: Derek, Ilías, Nicolás, Davit, Joel, Carlos, Diego, Pedro José, Daniel e Carlos.
Parciais: 17-11/9-18/6-9/9-20.
Cancha: Anexo do Pazo.
Resultados xornada 3
| Ensino Lugo | 41 | 58 | Bolboreta Sanxillao |
| D | Melmar Sanxillao | ||