O Viveiro A proclámase campión autonómico
Alevín Mixto
Fase Final
A fase final autonómica alevín mixto de balonmán celebrada en Redondela tivo un destacado protagonismo para os dous representantes lucenses. O Viveiro A proclamouse campión galego na Final Four Ouro, mentres que o CP Lucense acadou unha meritoria terceira praza na Final Four Prata.
O equipo viveirense asinou unha actuación impecable. Primeiro superou ao BM Ribadosar por 10-6 nas semifinais e, xa pola tarde, impúxose con claridade ao Restaurante Abuín (11-5) na gran final disputada no Pavillón da Marisma. O grupo amosou firmeza e talento para coroarse como mellor equipo galego da categoría alevín 5 mixto.
Pola súa banda, o Millaven cedeu na semifinal ante o BM Narón. Os lucenses foron por diante no terceiro período e tiveron opcións ata o final, pero o partido chegou á prórroga tras un reparto de cuartos. Nese tempo extra, o maior acerto do Narón foi decisivo para o 7-9 final. No partido polo terceiro posto, fronte ao Pabellón de Ourense, os de Lugo saíron moi concentrados, gañando os dous primeiros períodos. A pesar de que os ourensáns reaccionaron no terceiro, o CP Lucense controlou o último cuarto para pechar cun 10-6 e asegurar a medalla de bronce.
VIVEIRO A 11 - 5 ABUÍN
Cancha: Pavillón da Marisma.
CP LUCENSE 10 - 6 PABELLÓN
Cancha: Pavillón da Marisma.
VIVEIRO A 10 - 6 RIBADOSAR
Cancha: Municipal de Redondela A Bombonera.
CP LUCENSE 7 - 9 NARÓN
Cancha: Municipal de Redondela A Bombonera
Semifinais ouro
| Restaurante Abuín | 10 | 6 | Pontedeume |
| Viveiro A | 10 | 6 | Ribadosar |
Final ouro
| Viveiro A | 11 | 5 | Restaurante Abuín |
3º e 4º posto ouro
| Ribadosar | 10 | 6 | Pontedeume |
Semifinais prata
| Escolas BM Pabellón | 6 | 10 | OAR Coruña |
| CP Lucense | 7 | 9 | Narón |
Final prata
| Narón | 9 | 7 | OAR Coruña |
3º e 4º posto prata
| CP Lucense | 10 | 6 | Escolas BM Pabellón |