Os veciños de Celeiro, en Viveiro, desenvolveron este martes unha nova concentración para reclamar que non peche a oficina da localidade, que está previsto que se faga efectivo o 17 de marzo.
É a segunda concentración que organizan os veciños, logo da celebrada o pasado luns, día 1. O xoves pasado reuníronse co xefe de zona de Abanca e coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, no Concello. Tras a concentración desprazáronse ao monumento aos náufragos e alí leuse o comunicado que repartiron entre a veciñanza.
VÍDEO: M.A.