Vídeos

Touriñán protagoniza o videoclip de 'Haters', o último de Dios Ke Te Crew

Coprotagonizado polo actor galego Xosé A. Touriñán e dirixido polo premiado director lucense Xaime Miranda, Haters é "unha afiada labazada musical chea de sátira e humor" na que os Dios Ke Te Crew sorprenden achegando o seu contundente hip hop a sonoridades máis próximas ao garaxe-pop máis electrónico.

Con este videoclip, os Dios Ke Te Crew avanzan o que será o seu novo traballo, que verá a luz a próxima semana. En que ano estamos?! é o título deste EP, que sae trala parada obrigada dos últimos dous anos de pandemias e novas anormalidades e co que regresan por fin aos escenarios.

A presentación oficial será, nun concerto na Sala Capitol de Santiago de Compostela, o venres 27 de maio ás 22.00 horas. As entradas xa están á venda.