Vídeos

O Piti Sanz máis combativo sae á luz en 'Dille que non'

O trío S4N7, liderado polo lucense Piti Sanz, vén de lanzar o videoclip de Dille que non, unha composición creada inicialmente en castelán e incluída na banda sonora do filme 18 comidas de Jorge Coira.

Esta canción pertence ao disco homónimo da banda, que define esta peza audiovisual coma "una obra de arte en si misma". O vídeo foi realizado por Marita Carmona, Pablo Goluboff, Iván Banale, Melero Trípede, Xan Molotov e Paco Cuesta