Vídeos

Ruth Lorenzo e Tanxugueiras lanzan 'Reina': reivindicación e sororidade a catro voces

Ruth Lorenzo e Tanxugueiras sorprenderon este mércores aos seus fans co lanzamento de Reina, unha inesperada colaboración que "exalta a realeza da muller real". Trátase dunha revisión da canción co mesmo nome incluida no último traballo da artista murciana.

O tema, producido por Road Ramos, transmite "un speech de liberación da muller, pero partindo esta perspectiva non desde a dor senón desde a proclamación desa liberdade".

Segundo explica Ruth Lorenzo, a unión con Tanxugueiras para esta nova canción "nace desde a sororidade e como resultado dunha admiración mutua". 

O tema preséntase nun lyric video creado pola artista gráfica chilena Javi Mi Amor.

Comentarios