Vídeos

O polbo, protagonista dun San Froilán "diferente"

O Concello de Lugo lanzou esta semana o vídeo promocional dun San Froilán "diferente, pero San Froilán".

Como non podía ser doutra forma, o protagonista da gravación é un polbo, símbolo indiscutible da festa, que este ano estará marcada pola crise derivada do coronavirus.

No vídeo promocional, un home disfrazado de polbo escapa dun grupo de veciños que, armados con palillos, tratan de alcanzar a tan prezada presa.

Comentarios