Vídeos

Os lucenses Xaime e Antón Miranda dirixen o videoclip de 'Samurai', o novo de Familia Caamagno

Familia Caamagno lanzou este venres Samurai, o segundo sinxelo de adianto do que será o seu novo disco. A canción vén acompañado dun videoclip dirixido polos irmáns lucenses Xaime e Antón Miranda.

Xaime Miranda tamén asina a peza audiovisual que acompaña a Xuntos, unha versión de Juan Pardo que a banda de Sigüeiro publicou a finais de febreiro. No vídeo participaron o Unión Soviética Futsal e Alejandro Cao de Benós, coñecido por representar a Corea del Norte en occidente.

 

Comentarios