Vídeos

Feijóo recibe o Río Breogán, "o club máis laureado" de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou este luns a traxectoria Río Breogán, o equipo galego que máis tempadas estivo na máxima división nacional: 6 na Primeira División e 18 na ACB que, sumadas a esta nova que emprenden, farán un total de 25 no cumio do baloncesto nacional.

Así mesmo, Feijóo tamén recordou que o Breogán é o club "máis laureado da Copa Galicia" de baloncesto, con 13 trofeos, a primeira delas gañada no ano 86 e a última hai escasas semanas en Ferrol. "Estamos a falar dun club histórico cheo de triunfos e superacións, que segue a formar parte da historia do baloncesto galego e nacional", abundou.

O titular da Xunta aproveitou o acto de recepción, ante o ascenso do equipo á ACB, para reiterar o compromiso da Administración autonómica co Plan de Patrocinio de Equipos de Alta Competición de Galicia, da Fundación Deporte Galego.

O Breogán inicia o vindeiro sábado a nova tempada na Liga ACB ante o Lenovo Tenerife. Esta fin de semana cae nos seus dous últimos amigables, disputados ante Joventut e Obradoiro.

VÍDEO: Luis Polo

Comentarios