Vídeos

Feijóo, Noriega e Losada inauguran o enlace entre a AP-9 e a Cidade da Cultura

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou este venres, durante a inauguración da nova ligazón entre a AP-9 e a Cidade da Cultura de Santiago, que as decisións que afecten ás "grandes infraestruturas do país", como a propia Autoestrada do Atlántico ou os treitos pendentes da autovía entre Lugo e a capital galega, queden "á marxe dun cambio de Goberno". No acto tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega. VÍDEO DE PEPE FERRÍN

Comentarios