Vídeos

Os edís de Viveiro opóñense á ponte sobre a ría

Os edís non adscritos de Viveiro, que encabeza Bernardo Fraga, difundiron este sábado un vídeo nas redes sociais para anunciar que presentarán unha moción este luns no consistorio para solicitar un pleno extraordinario e monográfico no que debater a pretensión da Xunta de circunvalar a cidade do Landro cunha ponte sobre a ría, algo que tildan de "aberración" e de intento de "pechar Viveiro ao mar".

Comentarios