Vídeos

Así é o novo dron de Tráfico que vixía as estradas lucenses

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou este xoves a seguridade que achega ás estradas galegas o novo dron da Dirección Xeral de Tráfico. Explicouno durante a súa presentación en Guntín, acompañado pola subdelegada en Lugo, Isabel Rodríguez.

José Miñones salientou que o dron é a "gran novidade" da campaña de verán no tráfico galego. Xa estivo na provincia de Pontevedra, agora opera en Lugo, seguirá en A Coruña e, en setembro, está previsto que traballe en Ourense. 

VÍDEO: VICTORIA RODRÍGUEZ
 

Comentarios