Vídeos

Ana Pontón reclama un xulgado de violencia de xénero para Lugo

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou este mércores un xulgado específico contra a violencia machista para Lugo repartindo postais entre a veciñanza para facer un envío masivo con esta solicitude á residencia oficial do presidente da Xunta. “O obxectivo é que tome nota de que hai que traballar para conseguir este xulgado porque unha muller cando denuncia violencia machista ten dereito a recibir a mellor atención posible, e iso require persoal cualificado e medios para que o proceso se faga de xeito adecuado e rápido”, salientou a sarriá. VÍDEO: XESÚS PONTE

Comentarios