Vídeos

'Son muller', a canción con xerme galego que está a revolucionar a rede

Chámanse Máis boas cás patacas e son as autoras de Son muller, a canción coa que gañaron o concurso Quero cantar, organizado pola Deputación da Coruña, e coa que están a revolucionar as redes sociais.

As voces de Lúa, Valeria e Ruth, a guitarra de Ana, o baixo de Sara, o ukelele de Carme, o piano de Cristina e a batería de Candela acumulan máis de 5.000 reproducións só en Facebook e o seu tema vai ser difundido en centros de ensinaza para promover a igualdade e eliminar a discriminación da muller. 

As oito mozas, de entre trece e quince anos, gañaron o pasado 20 de outubro o primeiro premio do certame Quero cantar, que pretende impulsar e difundir o uso do galego e a creatividade dos adolescentes. 

Comentarios