Vídeos

Arroxo reivindica que os novos buses están "adaptados á realidade de cada barrio"

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, acompañado de concelleiros e representantes da empresa concesionaria do transporte urbano, visitaron o barrio da Ponte, cuxa liña de bus está a ser cuberta por un dos novos buses. Arroxo explicou que "o novo modelo de transporte urbano conta tamén con buses adaptados á realidade de cada barrio, por exemplo, no barrio da Ponte, o uso dun bus de menor tamaño permite mellorar a maniobrabilidade na zona, aumentando a cantidade de veciñas e veciños que teñen acceso ao bus urbano".
Comentarios