Sarria

Teatro no San Xoán de Sarria

A Praza da Vila de Sarria rexistrou na noite deste xoves un cheo de público para gozar dentro das patronais de San Xoán do espectáculo 'O recuncho da comedia', que contou coa actuación dos humoristas Xosé Antonio Touriñán, David Perdomo e Ledicia Sola.

O evento, de entrada libre, congregou a veciños de todas as idades que abarrotaron o anfiteatro e outras zonas da praza para gozar de máis dunha hora de humor. 'O recuncho da comedia' xa se celebrou en anteriores edicións de San Xoán e congregou tamén a un gran número de persoas, polo que a comisión optou por volver a organizalo.

VÍDEO: LUCÍA PORTO