Sarria

Paradela recupera a Feira de Ano e Festa de San Cidre

Paradela recuperou este domingo a Feira de Ano e Festa de San Cidre, que non se celebraba dende 2019. Entre outros actos, hai exposición de gando e de vehículos clásicos. Tamén abriu unha exposición fotográfica sobre a historia do concello a través das súas xentes, formada por máis de 700 imaxes. Un desfile de carros do país, misa, concerto da Banda de Paradela, degustación de tenreira galega e música coa orquestra Oca Band completan o programa.

VÍDEO: Ana Casanova
Comentarios