Sarria

Paradela presume das súas raíces nos actos de celebración do seu bicentenario

O municipio abriu este mércores os actos de celebración do seu bicentenario como Concello co descubrimento dunha escultura, obra de Cándido Pazos, que representa un Cabaleiro de Santiago, orde fundada neste municipio. Numerosos veciños e autoridades, entre as que se atopaba o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asistiron ao aniversario, invitados polo alcalde, José Manuel Mato. Tampouco faltaron Fillos Predilectos como o futbolista Diego López ou o crego Xesús Mato. Os participantes puideron percorrer tres exposicións sobre a historia de Paradela, das súas xentes e do seu escritor Manuel Rodríguez López, cuxos poemas soaron na voz do cantautor Alfredo González.
Comentarios