Sarria

Xela Arias xa ten rúa en Sarria

Este domingo tivo lugar en Sarria o acto oficial de inauguración da Rúa Xela Arias, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Descubriuse a nova placa co nome da rúa, que cambia a denominación de José Antonio pola da poeta tras un acordo aprobado en sesión plenaria pola corporación municipal o pasado mes de febreiro. 

O artista ourensano Mon Devane foi o encargado de elaborar o mural en memoria da escritora. A obra, que ocupa unha fachada lateral dun edificio próximo á capela de San Lázaro, é un retrato da autora reproducido a gran escala.

Comentarios