Sarria

Concentración no Incio para pedir a restauración inmediata da Casona

Os veciños e veciñas da localidade protagonizaron unha concentración para esixir á Deputación de Lugo a rehabilitación inmediata do inmoble coñecido como A Casona.

Na manifestación participaron membros do PP provincial e local, quen denuncian que os socialistas paralizaran a execución do convenio e das obras e que doce anos despois "só pretenden facer un lavado de cara" cando teñen o inmoble abandonado.

No acto tamén participaron representantes do BNG.

[VÍDEO: ANA CASANOVA]

Comentarios