viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

Sarria

As anticuarias sarriás reivindican a importancia do sector

Por segundo ano consecutivo a pandemia impide celebrar a Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración de Sarria, pero o Concello e as anticuarias sarriás, conscientes do "gran atractivo" que supón este evento como escaparate turístico e dinamizador económico para a comarca desenvolven diferentes actuacións dirixidas a reivindicar a importancia deste sector.
Entre estas destaca a creación dun cartel divulgativo e un folleto promocionais, deseñados por Eva Pombo, e un vídeo conmemorativo que invita a visitar as tendas de antigüidades tanto nestes días que tería lugar a feira como en datas sucesivas.
Toño de López foi a persoa encargada de elaborar o vídeo, que incluirá entrevistas coas catro anticuarias locais, así coma un percorrido polas súas tendas e un repaso á historia do sector a través das explicaciones de Xaime Félix López Arias, xunto a diversas fotografías