Ribeira Sacra

XIX Festa da Pisa da Castaña de Froxán

Imaxes da decimonovena edición da festa organizada pola asociacion Fonte do Milagro, que preside Evaristo Méndez Vila.

As primeiras estimacións falan de que asistiron menos persoas que o ano pasado –en boa parte polo mal tempo–, pero ainda así calcúlase que estiveron na aldea de Froxán unhas 1.500 persoas. A xente degustou castañas cocidas, panceta e chourizo.

O actor Federico Pérez foi o encargado de ler o pregón.

[VÍDEO: TOÑO PARGA]

Comentarios