Ribeira Sacra

Así quedou a casa derrubada en Chantada

A choiva de Ana fixo caer a parede dunha casa no lugar de Moreiras, en Chantada, este domingo. Na vivenda reside un home de 75 anos, que non se atopaba na casa no momento do derrubamento, polo que non houbo que lamentar danos persoais. A parte máis afectada corresponde a un dormitorio.

O alcalde da localidade, Manuel Lorenzo Varela, confirmou que o habitante da vivenda "ten familia que vive cerca" e que, en todo caso, "non se atopa na indixencia"

Aínda así, Varela afimou que o Concello está disposto a axudarlle se realmente "hai que botarlle unha man" para buscar unha nova vivenda.

En canto as consecuencias do temporal, o rexedor recoñeceu que as choivas que caeron sobre Chantada durante toda a xornada do domingo deixaron múltiples incidencias. A máis grave foi o derrubamento desa casa e as inundacións en pleno centro da capital municipal. Con todo, resaltou o "valor" da auga caída nun momento de sequía por encima das molestias ocasionadas pola borrasca. 

►Vídeo de Toño Parga. 

Comentarios