Ribeira Sacra

O burro Dinamita gaña de novo a carreira de burros de Escairón

Máis dunha trintena de animais se deron cita este ano na carreira de burros de Escairón. Gañou Dinamita, o mesmo de 2018 nunha xornada de moito sol e moitísima xente no Campo da Lama.

Así, Antonio Aradas co burro Dinamita, foi o gañador da edición número 70 da carreira, que segundo o alcalde, Juan Carlos Armesto, foi a máis multitudinaria. Arkaiz, co burro Macario, e Aníbal, con Roqui, foron segundo e terceiro, respectivamente. Rubén Losada foi o gañador da carreira local co seu burro Marcial.

Comentarios