Podcast & TV

AULAS | FP Dual de Mecánica de Competición, con Joaquín Expósito, Alonso Liste e José Iglesias

A innovación en FP ofrece a posibilidade de transferir aos sectores produtivos coñecemento ademais de servir de modelo de excelencia na formación do alumnado. O CIFP As Mercedes acaba de presentar no Congreso Galego de Innovación na FP un proxecto realizado durante este curso no ciclo superior dual de Automoción de Competición. O seu director, Joaquín Expósito López, o profesor coordinador do proxecto, José Iglesias Fernández, e o piloto de competición Jose Alonso Liste fálannos da experiencia de construír un Fórmula 3 e un simulador personalizado que permite probar e optimizar diversas configuracións en pista, que xa está a competir, con éxito, no Campionato Galego de Montaña.
Comentarios