Lugo

Un vídeo anima á mocidade de Lugo a ser responsable no Nadal

A área de Xuventude do Concello de Lugo, dirixida pola concelleira Ana González Abelleira, lanzou un vídeo para difundir en redes un chamamento á mocidade "a través da historia dunha rapaza que ten que tomar unha importante decisión", unha mensaxe á que se sumou a alcaldesa, Lara Méndez.

Un vídeo, "positivo e emocional", está protagonizado pola actriz lucense Beatriz Serén –recoñecida polos seus traballos en televisión no Luar e Adiviña quen vén esta noite, ou nas series El desorden que dejas (Netflix), Pazo de Familia ou Matalobos (TVG)– e conta coa colaboración especial do director de cine, Andrés Goteira, gañador de varios Premios Mestre Mateo.

O traballo coa participación de máis de 50 persoas da cidade, e nel están representados case unha vintena de colectivos, grupos, asociacións e clubes de Lugo como o Leche Río Breogán e o CD Lugo, así como grupos musicais, representates da sanidade e da Fundación Secretario Gitano, ademais de persoas novas, maiores, familias...

Conta coa colaboración especial do director de cine, Andrés Goteira, gañador de varios Premios Mestre Mateo.

Comentarios