Lugo

O PP de Lugo propón melloras no transporte urbano

O PP de Lugo asegura que os lucenses non usan máis o transporte urbano debido ao "modelo desfasado do PSOE".

Os populares aseguran que son necesarios "traxectos máis curtos que cubran todo o municipio", así como unha maior "frecuencia de paso".

Tamén prometen que porán en marcha unha aplicación con información en tempo real ou a posta en funcionamento de paneis informativos. Entre as propostas, destaca o "transporte gratuíto para xubilados, pensionistas, menores de 18 anos e familias con escasos recursos".