Lugo

A mostra 'O traxe festivo da muller aldeá' xa se pode visitar en O Vello Cárcere

A mostra O traxe festivo da muller aldeá, nas terras de Lugo, organizada polo Grupo El Progreso no marco do programa O teu Xacobeo, en colaboración con Traxandaina e o Concello de Lugo, chegou ao centro cultural O Vello Cárcere de Lugo, onde foi inaugurada nun acto ao que acudiron o delegado da Xunta, Javier Arias, e o tenente de alcalde lucense, Rubén Arroxo.

Na mostra poden verse unha ducia de recreacións levadas a cabo por Traxandaina a partir deses tecidos feitos na casa en teares de baixo lizo, ou dos panos, veludos, agremáns, bureis ou picotes que vestían as mulleres luguesas de finais do século XIX. Trátase de traxes nos que xa se nota a marca das novas máquinas de coser e as artes das primeiras costureiras ambulantes que arriscaban combinacións de cores, texturas e debuxos.

A mostra, que xa pasou por varias localidades da provincia como A Fonsagrada, Monforte ou Sarria, chega agora ao centro cultural O Vello Cárcere, onde poderá visitarse no patio central ata o vindeiro 14 de maio, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30, que se prolongará ata as 22.30 de xoves a sábado. A entrada é gratuíta.

VÍDEO: Victoria Rodríguez

Comentarios