Lugo

Marcos Méndez comparte a súa experiencia como correspondente en Ucraína

Nunha charla co título Ucraína: unha guerra sobre o terreo, o xornalista lucense Marcos Méndez relatou este mércores en primeira persoa a súa experiencia profesional e vital na invasión rusa de Ucraína. O aforo no patio central do Vello Cárcere quedou pequeno para acoller todas as persoas que quixeron escoitar as vivencias do comunicador no conflito armado, nunha nova edición do ciclo de charlas Encontros en El Progreso. O acto estivo organizado polo diario, conxuntamente co Colexio de Xornalistas e a Asociación da Prensa de Lugo, e contou co patrocinio da Caixa Rural de Lugo.

VÍDEO: VICTORIA RODRÍGUEZ

Comentarios