Lugo

Lugo reivindica o galego "aquí e agora"

A plataforma cidadá Queremos Galego, baixo o lema "En galego, aquí e agora", congregou a varios centos de persoas na Praza Maior para reivindicar o uso do galego nunha cita na que, aproveitando a proximidade das eleccións municipais, se reclamou o papel normalizador dos concellos fronte ao "desleixo" do resto de poderes públicos, "porque a situación de emerxencia lingüística non permite esperar outros 40 anos a que as institucións se dignen a cumprir as súas obrigas".

A cita contou, ademais da lectura do manifesto, cunha actuación musical e pechouse, como é tradición, coa escoita do Himno Galego.