Lugo

Incendio na rúa Concepción Arenal de Lugo

Os bombeiros acudiron este venres a un incendio que se declarou nunha tenda de mascotas na rúa Concepción Arenal de Lugo. Tan só houbo que lamentar danos materiais. No local só había unha tartaruga e varias aves que foron rescatadas. O lume orixinouse por un curtocircuíto e as chamas prenderon nun saco de penso.

Comentarios