Lunes. 17.12.2018 |
El tiempo
Lunes. 17.12.2018
El tiempo

LUGO

O ICM traballa desde Lugo co xenoma humano para predecir enfermidades

O Laboratorio do Instituto de Estudios Celulares e Moleculares (ICM) ubicado no polígono de As Gándaras é un centro adicado á realización de análises do xenoma humano. O obxetivo final é predecir as enfermidades ás que cada individuo está predisposto xenéticamente e así previlas. Tamén permite persoalizar o tratamento segundo as necesidades e características de cada persoa. Dende o ICM van máis aló e cren que, nun futuro, todos poderemos ter o noso xenoma subido "na nube" para consultalo por parte dos médicos e que poidamos recibir un tratamento personalizado e único para cada persoa. Cabe destacar que actualmente xa realizan un test de "portadores de patoloxías monoxénicas" nas que estudan a predisposición de cada individuo a padecer máis de 600 doenzas con 16.000 mutacións xenéticas vencelladas ao desenvolvemento de enfermidades raras.