Lugo

Asi serán os novos espazos verdes da Garaballa

O Concello de Lugo axardinará e preparará para hortos comunitarios tres parcelas que ten na contorna do centro comercial As Termas e do barrio multiecolóxico que se proxecta na zona da Garaballa. O proxecto será aprobado polo goberno local esta semana e a continuación os traballos sairán a concurso por 773.662 euros. A alcaldesa, Lara Méndez, deu conta desta iniciativa na mañá deste luns. Definiuna como unha innovadora zona verde que propiciará a socialización e que terá tamén finalidades terapéutica e didáctica. É un dos proxectos do programa Lugo+Biodinámico, que busca adaptar a cidade ó cambio climático e se cofinancia con fondos europeos e conta tamén coa participación da Deputación, da Universidade de Santiago e da Universidade Politécnica de Madrid.
Comentarios