Lugo

Abre as portas a mostra 'Fuxan os Ventos. 50 anos de historia'

A mostra Fuxan os Ventos. 50 años de historia, abriu as súas portas este sábado no Vello Cárcere con gran éxito de público.

A mostra, que coincide co 50 aniversario da data do primeiro concerto deste grupo de música galega no III Festival das San Lucas de Mondoñedo, está integrada por unha diversidade de formatos e conta con achegas de múltiples persoas e entidades culturais do país. 

A montaxe, cunha estética minimalista para focalizar o protagonismo nas propias pezas, aproveita a singularidade do espazo expositivo para poder apreciar dunha soa ollada a cronoloxía de Fuxan os Ventos dende o ano 1972 ata este ano 2022. A mostra permanecerá aberta ata o 22 de xaneiro do 2023.

VÍDEO E TEXTO: Paula Vilariño

Comentarios