viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Gente

System of a Down lanza dúas novas cancións para apoiar a causa armenia na guerra

Quince anos despois do último álbum, a banda californiana de orixe armenia System of a Down sacudiu onte as redes co lanzamento de dous temas novos, Protect The Land e Genocidal Humanoidz. Sen máis datos acerca de se estas dúas cancións se incluirán nun disco que tome relevo a Hypnotize (2005), o grupo comunicou a intención de recadar fondos con elas para as vítimas do conflito entre Armenia e Acerbaixán pola rexión de Nagorno Karabaj.

En concreto, será a organización Armenia Fund a receptora do diñeiro xerado pola descarga destas novidades, que foron escritas e producidas polo guitarrista da banda, Daron Malakian.