jueves. 12.12.2019 |
El tiempo
jueves. 12.12.2019
El tiempo

GALICIA

O vento axita a noria de Nadal de Vigo e obriga o aprazamento da súa apertura

A principal e máis rechamante novidade do Nadal de Vigo 2019, a gran noria de 62 metros de altura, farase aínda esperar. Aínda que estaba previsto que a instalación se inaugurase este domingo, a previsión de mal tempo durante a xornada levou a pospor polo momento a apertura ao público. O vento deixo xa este sábado imaxes arrepiantes do seu paso polas instalación olívicas. 

Esta instalación, situada no cruzamento de Concepción Arenal e Colón, ten capacidade para 192 persoas distribuídas en 48 'cestas' para catro ocupantes cada unha, e dispón de case 200.000 puntos de luz led. Ademais, no centro da estrutura, hai unha enorme pantalla circular para emitir imaxes. 

Cando se inaugure, a previsión é que o seu horario sexa de 11,00 a 00,00 horas de luns a xoves; até as 2,00 horas en venres, sábados e vésperas de festivos; e até a 1,00 en domingos e festivos. Haberá un horario especial para os días 24 e 31 de decembro, de 11,00 a 19,00 horas.