Galicia

Comparecencia de En Marea tras a suspensión das primarias

O integrante da coordinadora de En Marea Gonzalo Rodríguez aseguro este domingo que os argumentos do comité electoral para pedir seguir coas eleccións internas da formación, suspendidas polo comité de ética e garantías, "viran sobre si mesmos" e con eles parece que (no comité electoral) "queren constituírse nun poder totalitario que non dá contas a ninguén".  Nunha conferencia de prensa ofrecida esta mañá, Rodríguez defendeu as funcións do comité de ética e garantías da formación e asegurou que "as garantías -para poder celebrar as eleccións internas- foron crebadas por membros do propio comité electoral". 
Comentarios