ElProgresoTV

Visita al Parque de San Clodio, en Outeiro de Rei

Un veciño de Outeiro de Rei convertiu as súas leiras familiares nun parque ingantil cheo de cachivaches, formigas e outras criaturas feroces. Non falta nin unha cova do tesouro.

ÉRASE UNHA vez un rapaz de Outeiro de Rei que tivo que medrar. É o que pasa coa tempo, coa vida. El fíxoo nunha explotación gandeira de leite, na contorna dunha casa rural que co tempo —xa verán— convertiría no seu paraíso, no seu refuxio, no seu País de Nunca Xamais.

Nun verán de hai tres anos, a rutina de José Ramón Rodríguez Iglesias cambiaría. Así o quixo. Cando a cabeza é un formigueiro Un veciño de Outeiro de Rei convertiu as leiras familiares nun parque infantil cheo de cachivaches, formigas e outras criaturas feroces. Non falta nin unha cova do tesouro.

Este gandeiro que xa cumpliu os 45, lanzouse a facer reais os soños dun neno, quizais os que agochaba no corazón. Con fantasía, imaxinación, moito traballo e empeño ten revolucionada a parroquia de San Clodio.

Comentarios