El progreso TV

Serrano ve unha "paiasada" a petición de mudar o nome á rúa Fraga

O alcalde de Portomarín, Juan Serrano, tildou de "paiasada" a petición de que se cambie o nome da rúa adicada a Manuel Fraga na localidade. O senador Carles Mulet, de Compromís, enviou unha petición a tódolos concellos de España que teñen unha rúa co nome do expresidente da Xunta. No caso da provincia de Lugo, enviou a misiva a Portomarín e Paradela.

Comentarios