Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

EL PROGRESO TV

A II Escola de Prensa de El Progreso fai entrega dos seus premios

A rapazada de varios centros educativos da provincia puido vivir en carne propia o exercicio do xornalismo a través do tratamento de fotografías, a elaboración de textos adaptados a cada un dos xéneros xornalísticos ou, mesmo, a maquetación.

O Ceip Laverde Ruíz, de Outeiro de Rei, gañou o Premio ao mellor Periódico en 5º e 6º de primaria, o Colexio María Auxiliadora na categoría de 1º e 2º da Eso e o Colexio Illa de Sarón de Xove de 3º e 4º da Eso.

Ademais, foron galardoados a título individual, a mellor entrevista, reportaxe de deportes, fotografía.

Lois Caeiro, director de El Progreso, asegura que un dos obxectivos do certame é "fomentar o coñecemento dos medios de comunicacióne o interese pola información".