Cultura

Unha 'Negra sombra' moi emotiva polo Día das Letras Galegas

Bohemian Brass e Rosa Cedrón protagonizan unha versión moi emotiva de Negra Sombra polo Día das Letras Galegas, que se celebra este domingo, 17 de maio.

A artista monfortina é a encargada de poñer a voz dun dos poemas máis famosos de Rosalía de Castro, mentres que a música está a cargo do quinteto de metais formado por Yael Fiuza Souto e Antonio Ibáñez Pardo (trompetas), Marcos Cruz Pardeiro (trompa), Miguel Esteve Doménech (trombón) e Diego Valls Ortega (tuba).

Comentarios