miércoles. 27.05.2020 |
El tiempo
miércoles. 27.05.2020
El tiempo

CORONAVIRUS

Unha 'Sementeira' en apoio ao comercio local

Os intérpretes Sabela AránTouriñan é Monti Castiñeiras xunto coa presentadora Lucía Rodríguez, colaboran cunha iniciativa audiovisual na que se versiona a canción de Fuxan os Ventos, Sementeira, á que 16 autónomos e empresarios do negocio local poñen voz, acompañados polos instrumentos de músicos como Diego Mosquera, Jose Varela e Toni Fernández, que é, á vez, ideólogo principal desta iniciativa, axudado por Ángel Amaro.

No vídeo mestúranse as imaxes dos músicos coas dos empresarios e autónomos, que poñen voz desde os seus negocios, entre os que figuran Sonia Noguerol (camioneira), Xesús Mazaira (artesán queixeiro), Andrés Montes, e tamén a colaboración especial da nena Lola Fernández.