Miércoles. 19.12.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.12.2018
El tiempo

COMARCAS

Trabada ofrece a maiores e dependentes un pioneiro servizo de transporte diario

Os trabadenses de máis de 65 anos, con limitacións en canto a súa mobilidade, que vivan sos ou enfermos crónicos, terán por primeira vez a súa disposición un servizo de transporte municipal diario, que os recollerá nos seus domicilios, os trasladará ao núcleo urbano a facer as xestións cotiás que requiran (dende ir ao centro de saúde, farmacia, banco, supermercado, consistorio...) e os levará de volta aos seus fogares. O presidente da Deputación, Darío Campos, entregou este mércores á alcaldesa, Mayra García Bermúdez, as chaves dunha furgoneta adaptada a minusválidos que se adquiriu cunha axuda provincial de 36.000 euros e que encantou as primeiras veciñas que subiron nela.