Comarca de Lugo

Outeiro de Rei despide a Saleta Goy, viúva de Manuel María

Saleta Goy, finada o sábado aos 90 anos, foi despedida hoxe ás 17.00 horas na casa museo de Manuel María, en Outeiro de Rei. Os seus restos foron levados unha hora despois ao cemiterio local de San Xoán para que repousen xunto aos do seu home, falecido hai 18 anos. Saleta Goy e Manuel María compartiron 45 de vida.

Vídeo: XESÚS PONTE